
Outro ano máis, e xa son cinco. O Clube Ciclista Burela tén xa preparada unha nova edición da Marcha Cicloturista BTT.
A marcha celebrarase o día 7 de Febreiro do 2010, ás 9:30, saindo do Pavillón Vista Alegre. Contará cun percorrido de aproximadamente 40 km. Discurrirá principalmente polos montes de Vilasindre, Moucide e Budián.
A última parte será opcional, cunha subida intensa ó Monte Castelo, para disfrutar dunha vista privilexiada de Burela e a costa mariñana.
Non é necesaria preinscripción e ó final da ruta haberá unha comida de confraternización. Para información puntual recomendamos a visita do post creado en Foromtb (www.foromtb.com/f46).
Para ver o video promocional da marcha en Youtube:
Tags:
Portillo de las Batuecas - La Covatilla...
