http://picasaweb.google.es/FSEOANEP/BurelaBtt2010#
Tags:Un ano máis celebramos a comida de confraternización do clube no Monte Castelo. Como o tempo non acompañaba demasiado a comida tivo que ser in-door. Pero aínda así, non nos libramos da gran camiñata ata chegar alí.
Fixemos parte da nova rota circular de Burela. Os máis traballadores volvemos a mover o esquelete despois de comer, indo ata as antenas do Castelo para favorecer unha correcta dixestión.
En definitiva, outro día máis de excelente ambiente en excelente compañía por parte dos socios do Clube Ciclista Burela e as súas familias.
Son coma nenos
Tags:O pasado 16 de Novembro celebramos a nosa Cea anual. A cea celebrouse no Restaurante O Canaval, amenizada polo trío Costa Lucense. Ademáis da comida e o baile aproveitamos para dalo premio ó socio que participou en máis marchas no ano. Este ano o galardonado foi Manuel Yañez Hermida.
Lugar: Burela
Dia e hora: 16/12/2007 22:00 h
...
