Galego - Castellano
Xoves, 24 Abril, 2008 23:21 h

La Rioja

Club Ciclista Burela | La Rioja

- Visitamos a comunidade rioxana no ano 2.007, isntalándonos na sua capital, Logroño, ao mesmo lado da rúa do Laurel. A primeira rota iniciámola en Nájera, cara a Sto. Domingo de la Calzada, que cruzamos para chegar a Ezcaray, donde empeza a ascensión a estación de esquí de Valdezcaray, a 14 Kms.,non moi duros, pero sí constantes, que imos levando cada un o seu ritmo, ata a cima.
Nunha mañán de chuvia empezamos a segunda rota en Logroño, con dirección Laguardia, xa en Alava. A poucos kms.atópase unha das rampas mais duras de Euskadi, o pporto Herrera, soio 5 kms.pero dos que non te esquences, e grande é a satisfacción ao coronalo. A 1 km. da cima hay un fermoso mirador chamado o Balcón de la Rioja, con vistas de postal.   

Ver VALDEZCARAY                                          Ver PUERTO HERRERA

Lugar: La Rioja
Dia e hora: 22/06/2007 10:00 h

Tags: log.g
Xoves, 24 Abril, 2008 23:21 h

Manzaneda

Club Ciclista Burela | Manzaneda- Tendo como aloxamento Ourense, e despois dunha noite de moita auga,saimos da cidade por unha empinada avenida cara a Pobra de Trives. Toda a rota e un rompepernas, co porto do Rodicio como a maior dificultade ata o comenzo da ascensión a estación invernal de Manzaneda. Os once primeiros kms. son suaves e a estrada ponse difícil cando se xira a esquerda cara as pistas, con oito kms.xa mais serios.Pero chegamos o alto sin dificultade e a baixada e relaxante. Boa comida e excelente trato no restaurante As Maceiras para aliviar os músculos.

Lugar: manzaneda
Dia e hora: 15/09/2006 10:00 h

Tags: man.g
Xoves, 24 Abril, 2008 23:20 h

Porto Ventana

Club Ciclista Burela | Porto Ventana- O atoparse preto de nos e o bon trato fai que as terras asturianas sexan unhas das que mais visitemos. Nesta ocasión o punto de partida e a sua capital, Oviedo, e o destino e o porto Ventana, casi xemelo de Somiedo. Descenso cai total ata Trubia e despois espléndido paisaxe a veira do río con lixeira e constante subida ata San martín de Teverga, en donde empeza a ascensión o largo de 12 kms. non moi duros pero constantes e sen tráfico. Tralas fotos de rigor no mais alto, volvemos satisfeitos a celebralo.

Lugar: porto ventana
Dia e hora: 15/09/2006 10:00 h

Tags: vent.g

Anteriores

Club Ciclista Burela | Rutas | Actividades | Historia | Patrocinadores | Enlaces | Contacta